Dinamizando o tecido empresarial desde 2019

Xuntanza de Empresarios de Ames é unha asociación empresarial de ámbito municipal que ten como pricipal obxectivo de dinamizar de verdade a rúa e os negocios, atraendo ao maior número posible de clientes para os asociados, e colaborando co Concello de Ames na organización de eventos e actividades.

Actualmente representa a un colectivo de máis de 100 empresas dos sectores do comercio, hostalería e servizos.

A asociación Xuntanza de Empresarios de Ames renovou a súa directiva en marzo do 2024, tras un acordo unánime durante a asemblea xeral extraordinaria.

Os actuais integrantes da directiva son os seguintes:

– Presidente: Ramón Cordido de La Rayuela

– Secretario: Antón Sanluis de Sanluis Óptico

– Tesoureira: Olalla Alvite de Nua

Ademais, designáronse os seguintes vogais:

– Jorge López de Biosbardos

– Germán Mariño de Vaca Vella

– Lucía Pego de Papelería Chavián

Como xerente da asociación continua Beatriz López.

A Xuntanza de Empresarios de Ames destaca por ser un equipo e conta por iso coa anterior dirección, que continúa colaborando co novo equipo directivo, tendo en conta que seguen a ser socios activos da asociación.

A experiencia e o compromiso do equipo anterior é unha peza fundamental para seguir avanzando nos obxectivos da asociación e na promoción do desenvolvemento económico no municipio.

XEA confía no liderado e na experiencia da nova directiva para continuar promovendo o desenvolvemento económico e empresarial da localidade co fin de potenciar o comercio e hostalería local a través iniciativas que beneficien a toda a comunidade; a idea é manter aquelas que a comunidade acolleu con maior afán e engadir algunhas novas co fin de dar resposta ás necesidades dos socios á vez que se promove e beneficia os veciños e veciñas de Ames.

Abrir Whatsapp
1
Se queres contactar con XEA para asociarte ou consultar dúbidas. Escríbenos!