Participa no 4º Concurso de Fotografía “Enfoca Ames” ![]()
O Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames convidámoste a amosar o teu talento na nova edición do #concursodefotografía.
As bases son:
• Prazo de entrega: Do 11 de outubro ao 10 de novembro.
• Inscrición: Gratuita. Envía as túas fotografías orixinais e inéditas a enfocames@gmail.com, xunto coa ficha de inscrición.
Temática:
Escolle unha categoría e capta o mellor do noso concello, xa sexa o seu patrimonio natural, artístico ou cultural. Podes participar en tres categorías:
1. Paisaxe ![]()
2. Patrimonio ![]()
3. Artística ![]()
Premios por categoría:
1º Premio: Cheque de 100 € e galardón ![]()
2º Premio: Cheque de 50 € e galardón ![]()
3º Premio: Cheque de 25 € e galardón ![]()
Requisitos: Ser maior de 18 anos e residente en España.
Máis info nas bases completas e dos impresos de inscrición aquí: https://bit.ly/EnfocaAmes2024
💜 Día da Muller – 8M 💜
💜 Día da Muller – 8M 💜 ✨ Sentímonos orgullosas das nosas socias, veciñas e colaboradoras, porque xuntas facemos un mundo máis xusto e igualitario. Grazas por ser imprescindibles! 💪 #8M #DíaDaMuller #Igualdade #Mulleres #XEA #XuntanzaDeEmpresarios