Hera Nature é unha tenda especializada en produtos naturais para cans e gatos. Naceu coa idea de ofrecer unha alternativa saudable e de calidade para o coidado diario das nosas mascotas.
No noso espazo poderás atopar alimentación natural, snacks, xoguetes, produtos de hixiene e accesorio, todos seleccionados con especial atención ao benestar animal.
A nosa misión é promover un estilo de vida máis consciente e respectuoso cos nosos animais, apostando por marcas responsables e produtos que coidan tanto ás nosas mascotas como ao medioambiente.