O fit kid é unha modalidade de baile que combina danza, ximnasia e acrobacias. Trátase dun deporte que naceu en Europa nos anos 90 para animar á mocidade a realizar exercicios individuais e grupais de maneira divertida.
A escola E-Motion, que ten a súa sede na Travesía Pedregal 1, en Bertamiráns é o primeiro centro desta modalidade en Galicia. Co obxectivo de poñer en valor este deporte, o director de E-Motion, Edu López, recoñecido adestrador a nivel nacional e internacional forma nesta disciplina a alumnos e alumnas.