Centro Integral Talentia

Actividade: Centro Integral de Aprendizaxe, Desenvolvemento e Benestar 
Teléfono: 653 483 088

O Centro Integral de Aprendizaxe, Desenvolvemento e Benestar Talentia, abre as súas portas o 1 de abril de 2023 na Rúa Anxeriz 3 baixo, en O Milladoiro, tras a decisión da súa directora, Leticia Falcón, de tomar un cambio de rumbo na súa vida e traxectoria profesional, e emprender de xeito individual, xunto co seu marido Jose Balado nun novo local e empresa cun concepto innovador.
 
O lema de Talentia é “As persoas por riba sempre dos procesos”, algo que moitas veces acontece ao contrario.

Talentia é un centro integral específico en diferentes áreas:

Talentia Music”: Son Formacións Específicas en Ensinanzas Musicais dende os 6 meses sen límite de idade, clases de piano, linguaxe musical e atención ao alumnado NEAE e NEE a través da música.

Talentia Apoio”: Trátase de Apoio Escolar individual para o alumnado de Primaria e Secundaria que o precise da man de Jose Balado, con estudos técnicos en enxenería industrial e un apaixonado da docencia.

Talentia Fit” : Atopades Formacións Específicas en Saúde e Benestar. Zumba Dance, Pilates Barré, Pilates Suelo-TRX e Pilates Aéreo. Nesta sección deixamos claro que non somos un ximnasio. As clases son personalizadas, os grupos moi reducidos, atendemos a moitas persoas con patoloxías, e as instalacións están acondicionadas e climatizadas.

 Talentia San”: Está enfocada na Saúde Integral como os servizos de Coaching individual, Dixitopuntura e terapia do son e próximamente Quiromasaxe.

 Talentia fotografía”: Temos Formación en Fotografía e Vídeo e formación especializada en Ffotografía Odontolóxica. 

Toda a información podedes atopala nas nosas redes e na nosa páxina web: www.centrointegraltalentia.com

Abrir Whatsapp
1
Se queres contactar con XEA para asociarte ou consultar dúbidas. Escríbenos!