📸 Participa no 4º Concurso de Fotografía “Enfoca Ames” 📸

O Concello de Ames e a Xuntanza de Empresarios de Ames convidámoste a amosar o teu talento na nova edición do #concursodefotografía.

As bases son:

• Prazo de entrega: Do 11 de outubro ao 10 de novembro.
• Inscrición: Gratuita. Envía as túas fotografías orixinais e inéditas a enfocames@gmail.com, xunto coa ficha de inscrición.

🔍 Temática:
Escolle unha categoría e capta o mellor do noso concello, xa sexa o seu patrimonio natural, artístico ou cultural. Podes participar en tres categorías:

1. Paisaxe 🌳
2. Patrimonio 🏛️
3. Artística 🎨

🎁 Premios por categoría:
1º Premio: Cheque de 100 € e galardón 🥇
2º Premio: Cheque de 50 € e galardón 🥈
3º Premio: Cheque de 25 € e galardón 🥉

💡 Requisitos: Ser maior de 18 anos e residente en España.

Máis info nas bases completas e dos impresos de inscrición aquí: https://bit.ly/EnfocaAmes2024

Categorías: Sin categoría

Abrir Whatsapp
1
Se queres contactar con XEA para asociarte ou consultar dúbidas. Escríbenos!