🎃🍂Festexa o Samaín participando no 𝐈 𝐂𝐨𝐧𝐜𝐮𝐫𝐬𝐨 𝐝𝐞 𝐝𝐞𝐜𝐨𝐫𝐚𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐝𝐞 𝐒𝐚𝐦𝐚𝐢́𝐧 do Concello de Ames 🍂🎃

Os motivos e decoración dos establecementos terán como tema a festa de #Samaín.

Soamente poderá presentarse ao concurso un único proxecto por establecemento. O interior do establecemento así como o escaparate, deberán manter a súa decoración entre os días 28 de outubro de 2024 e o 3 de novembro de 2024.

💰Repartiranse 2.000 euros en premios: 1.000 euros para o primeiro, 600 para o segundo e 400 para o terceiro.

📝A presentación de solicitudes debe formalizarse ata o 20 de outubro, tedes toda a info do procedemento e bases na ligazón: bit.ly/ConcursoSamain

Anímate e participa!

#Ames #ConcursoSamaín #ComercioLocal #XEA #XuntanzaEmpresariosAmes 

Ver menos
Categorías: Sin categoría

Abrir Whatsapp
1
Se queres contactar con XEA para asociarte ou consultar dúbidas. Escríbenos!